Presentación do libro Lugopoética 2024

Este venres,14, ás 12,00 h., no salón Muralla da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, será presentado aos medios o libro Lugopoética 2024, que recolle os contidos dos Encontros poéticos organizados por Egeria, celebrados na U.N.E.D., coa colaboración da Xunta de Galicia.

É un volumen de 216 páxinas, que garda memoria dos seis encontros deste Lugopoética 2024, entre poetas lucenses consagrados e poetas novos, que foron transmitidos pola Rede da Uned, publicados en Facebook, e na web dos encontros www.lugopoetica.org,

Participaron Marica Campo-Eva Teixeiro (29 febreiro); Lois Pérez Díaz-Daniel Irimia Yañez (14 marzo), María José Lamas-Brenda Muinelo(4 abril), Xosé Otero Canto-Antonio Calvo Varela (25 abril), Olga Novo-Cristina Soilán (2 maio) e Baldomero Iglesias Dobarrio-Francisco Javier Neira Pampín (6 xuño).

O libro é un achegamento á vida e á poesía destes doce creadores, coa escolma da súa obra elixida por eles para esta actividade cultural desenvolvida en directo no salón de actos da U.N.E.D.

Efectuarán a presentación a Directora da UNE-Lugo, Ana Traseira; o Delegado Territorial, Javier Arias; o Secretario Xeral da Lingua, Valentín Arias e o coordinador dos Encontros, Xulio Xiz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com