Presentación do libro “Monterroso: un orónimo, unha xurisdición, un concello” de Carlos Vázquez García

O Pazo de San Marcos acolle mañá martes 5 de decembro (20.00 horas) no salón de actos, a presentación do libro “Monterroso: un orónimo, unha xurisdición, un concello”, do autor Carlos Vázquez García.

A publicación, editada polo Servizo de Publicacións dependente da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, aborda os feitos máis salientables da historia do concello de Monterroso dende as primeiras manifestacións de asentamentos humanos hasta o século XIX. Introducindo a publicación cunhas referencias as orixes do nome de Monterroso.

Destacar do currículo do autor o seu desempeño profesional como Catedrático de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario e o seu cargo como presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares. O que amosa as súas inquedanzas pola cultura e a historia do país.

No acto intervirá o autor facendo un breve repaso das curiosidades que se recollen na publicación e a presentación do mesmo correrá a cargo da Deputada da Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística, Iria Castro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com