Presentación do poemario “Inventario do Prohibido” da autora guitiricense Luz Campello

A Deputada de Deseño e Artesanía en funcións, Regina Polín, presentou este mércores, na Capela de Santa María, o libro Inventario do prohibido, un poemario da guitiricense Luz Campello. A obra, que a propia autora considera como “unha chamada á igualdade”, trata as limitacións e as dificultades do día a día que atopa unha muller polo mero feito de ser muller e pon en valor o feminino.

No acto de presentación, ao que asistiron a autora e o director da editorial Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello, a deputada en funcións insistiu no traballo de Campello “en prol da cultura luguesa e galega”, ao tempo que destacou a aposta tanto da Deputación como do Centro de Artesanía e Deseño polo traballo dos artistas da provincia. Polín tamén insistiu na importancia da Capela de Santa María, “capaz de acoller a todo tipo de actos culturais e referente no circuíto artístico –literario da provincia e da comunidade por abeirar dende traballos máis vangardistas aos máis tradicionais”.

Inventario do prohibido sae á luz tras a publicación de O corazón da Terra, unha obra moi vencellada con Guitiriz, a terra natal da autora, da que se distribuíron máis dun milleiro de exemplares. Este poemario, divido internamente en 5 “inventarios”, supón un posicionamento persoal en evolución da autora sobre o papel da muller na sociedade, chamando a identificalo, diferencialo e integralo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com