Presentación dos actos do 50 aniversario de ASPNAIS

Hoxe presentouse a programación dos actos de conmemoración dos 50 anos de ASPNAIS. Durante a mesma os responsables da asociación degrañaron os diferentes anos que se van desenvolver durante o ano 2016. ASPNAIS constituíuse en Lugo o 8 de xaneiro de 1966 e a celebración inicial terá lugar o 15 de xaneiro próximo, cunha misa oficiada polo Bispo da Diocese na Catedral de Lugo, cantada polo Orfeón Lucense, e a continuación, unha celebración no salón Rexio do Círculo das Artes, seguida dunha cea.

Nesta celebración actuarán os gaiteiros de Cantigas e Frores, a escola de baile Ritmo Lugo, efectuarase unha mostra de traballos dos diversos talleres de ASPNAIS,e presentarase o anuncio que sobre o cincuentenario vai preparar a Fundación TIC. A presentación dos actos correrá a cargo de Branca Ameijide e Jesús Lisardo, dous membros de ASPNAIS.

A partir deste primeiro acto e ao longo do ano desenvolveranse diversas accións entre as que destacan:

Edición do libro ASPNAIS: 50 ANOS FACENDO FAMILIA, coa historia do primeiros cincuenta anos da entidade; Exposición fotográfica; Exposición VIAXE Aos SOÑOS POLARES de Cruz Lago sobre o mundo da discapacidade; Un percorrido polo Camiño Primitivo entre Lugo e Santiago, no mes de maio; Ciclo sobre a discapacidade psíquica na Semana Internacional de Cinema de Autor de Lugo, en colaboración con Fonmiñá; Xornadas de portas abertas para que a sociedade lucense coñeza mellor ASPNAIS; Flash mob con participación dos alumnos dos colexios lucenses que o desexen; Ciclo de conferencias sobre o tema da discapacidade; Visitas do colectivo de ASPNAIS a diversas entidades para “ver e ser vistos”, visitando: Concello de Lugo, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Biblioteca Provincial, Museo Provincial, Bispado, Catedral, Club Deportivo Lugo e CB Breogán. Percorrido pola muralla de Lugo. E visitas a Casa Museo Manuel María e ao Belén Electrónico de Begonte. En Begonte, dous membros de ASPNAIS serán os pregoeiros do Nadal do 2016; Obradoiros de ASPNAIS, celebraranse obradoiros de poesía, narrativa, comunicación, fotografía, social e arte. A través destes, poetas, narradores, comunicadores, fotógrafos, protagonistas sociais e artistas efectuarán unha visita ás instalacións de ASPNAIS, onde verán aos mozos traballando e partindo desta experiencia, realizarán creacións  nos seus ámbitos artísticos.

Estas creacións chegaran aos lucenses a traveso de eventos, exposicións ou publicacións. Nestes momentos está confirmada a participación de 92 destacados lucenses nestas accións especiais.

Os responsables de ASPNAIS convidaron a todos a participar nestas celebracións, e expresa o seu profundo agradecemento a Lugo por todos estes anos, e puxeronse a disposición de todos para o futuro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com