O Alcalde, José López Orozco, xunto coa Concelleira de Economía, Sonia Méndez, e a Vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, presentaron hoxe os proxectos de dous novos treitos do paseo interior da Muralla que se executarán con cargo ao Plan Urban.
Un deles na zona de vía Romana, cunha superificie de 574 metros cadrados e 80 metros lineais. O seu presuposto é de 156.400 euros. O segundo, na zona de Clérigos suporá unha intervención nunha superficie de 430 metros cadrados e 37 metros lineais. O orzamento será de 117.992 euros.
Nos dous casos, o prazo de execución será de 2 meses e a actuación farase dacordo cun proxecto do arquitecto Oscar López Alba.
Con estes dous treitos avánzase na creación do paseo interior da Muralla, no que se realizaron con cargo ao Plan Urban, cinco intervencións máis e o investimento en total supera os 878.000 euros.
López Orozco: