Presentación dunha nova edición do ciclo Novas Músicas de Tele-Clube

Os xardíns do Pazo de San Marcos acolleron este mércores a presentación do cartel no que participaron a deputada de Cultura Iria Castro e o secretario-tesoreiro da asociación César Acebedo. O ciclo desenvolverase do 17 ao 19 de xullo nos xardíns  Museo de Lugo, no Pazo de San  Marcos e na Capela de Santa María.

Castro valorou esta cita que “da continuidade á colaboración entre a institución provincial e a entidade cultural para consolidar o ciclo experimental que permite escoitar en Lugo a  creadoras e creadores de vangarda, que non están nos circuítos comerciais convencionais”

Acebedo quixo destacar que “este festival é un salto de calidade e permiten coñecer bandas diferentes a toda a cidadanía que queira innovar e coñecer novas músicas. Cada ano o ciclo vai a máis e atrae a máis público aos concertos, vímolo notando nos diferentes ciclos”.

O dúo asturiano Galgo será os encargado de abrir esta edición nos xardíns do Museo Provincial. O día 18 será a quenda de Margarida Mariño nos xardíns do Pazo de San Marcos e Marta Verde & José Venditti pechará o evento na Capela de Santa María o venres 19. Todos os concertos celebraranse ás 20:30 horas.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com