Presentación en Lugo dun novo sistema integrado para vehículos da Policía

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao xefe da Policía Local, Manuel Novo e o xefe do Parque Móbil municipal, José Reigosa, asistiron á presentación esta maña diante do concello, dun novidoso sistema integrado para vehículos da Policía e emerxencias, que incluíu unha demostración real do funcionamento do dispositivo, a cargo da empresa Veicar.

Dito sistema, denominado Atenea, componse de diversas aplicacións que facilitan a xestión de avisos e emerxencias, permitindo controlar dende todos os dispositivos luminosos e acústicos, comunicacións, xestión e análise de datos, realizar gravacións de audio e vídeo, entre outras prestacións, mesmo en condicións ambientais e de visibilidade adversas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com