Presentación en Viveiro da campaña “Merca en Lugo polo Nadal”

O Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o Presidente da Asociación  Centro Comercial Histórico de Viveiro, Horacio Albo, xunto con comerciantes da Mariña de Lugo, presentaron este mércores na Rúa Pastor Díaz de Viveiro, a campaña Merca en Lugo polo Nadal, porque temos de todo e do mellor, que promove o Goberno da Deputación.

Santos Ramos remarcou que “esta campaña de sensibilización cidadá ten como obxectivo potenciar o tecido empresarial na Mariña lucense, e no resto das localidades da provincia. Esta iniciativa busca potenciar as compras nos establecementos dos 16 Concellos mariñáns durante estas datas festivas”.

O Vicepresidente destacou que “o sector do comercio, dá emprego a máis de 1.200 traballadores nos máis de 800 establecementos que se distribúen no conxunto do territorio da Mariña. Ademais, as compras durante o Nadal supoñen o 25% do total das vendas anuais, sendo os establecementos de comercio téxtil, xoieiras e xogueterías os que máis ventas supoñen nestas datas festivas”.

Sinalou que segundo as propias cifras da Federación “o comercio representa o 14% dos postos de traballo da nosa provincia, por iso cremos que é necesario concienciar á cidadanía sobre a importancia de mercar nos comercios que temos ao pé da nosa casa, no barrio ou no pobo, e que axudan a dinamizar a economía da nosa provincia”.

María Loureiro agradeceu a sensibilidade do Goberno da Deputación na promoción do comercio local. “Hoxe presentamos unha iniciativa que repercute directamente no desenvolvemento dos establecementos de Viveiro, e tamén de toda A Mariña de Lugo”. Nese senso demandou o esforzo conxunto de todas as administracións para mellorar as actividades económicas de todas as comarcas da provincia.

Horario Albo fixo un recoñecemento ao traballo feito pola Deputación coa celebración desta campaña, “xa que contribúen a poñer en valor os máis de 200 comercios da nosa vila, e sobre todo nestas datas que representan unha porcentaxe moi importante das ventas anuais do sector, e do que moitas familias dependen directamente”. Avanzou que esta campaña é a máis importante do ano, tanto en duración como en volume de ventas.

5.000 establecementos da provincia

Esta iniciativa está presente en toda a provincia, xa se presentou na Zona Centro, na cidade de Lugo, hoxe presentouse na Mariña, e mañá xoves, realizárase na Zona Sur, en Monforte. Con esta iniciativa, a Deputación ofrecerá aos 5.000 establecementos da provincia carteis co lema Merca en Lugo polo Nadal, porque temos de todo e do mellor. Tamén se levará ás rúas dos 67 Concellos da provincia, coa colaboración de todos os colectivos nos que se integran os profesionais deste sector, xunto con máis material promocional como, por exemplo, bandoleiras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com