Mañá ás 19:00 horas, na Capela de Santa María presentase un libro disco sobre Antón Corral, unha das personaxes máis relevantes da construción de instrumentos tradicionais de música popular galega, a obra, escrita por Fina Fernández, conten fotografías de Vicente Ansola.
Na presentación estará o Presidente da Deputación Darío Campos, a Deputada da Área de Cultura, Deseño e Artesanía Pilar García Porto e os autores da obra xunto co propio Antón Corral;o editor Pablo Quintana e o gaiteiro Carlos Núñez, para presentar “A alborada dun soño”, título do librodisco .