A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, comunicou esta mañá a negativa da Xunta de Galicia a poñer a disposición dos veciños o servizo de Hemodinámica 24 horas no Hospital Universitario Lucus Augusti, alegando que o servizo actual de oito horas instaurado en Lugo e Ourense, cubre o noventa por cento da demanda.
Fixóo logo da presentación esta mañá en Lugo, do programa de voluntariado Gold do Hospital Universitario Lucus Augusti, acompañada pola Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.
O proxecto de voluntariado nace dentro do Plan de Humanización, co obxetivo xeral de establecer unha cultura que impulse a organización cara a mellora na atención aos pacientes.
Este programa, impulsado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da súa web, ten como fin que todo aquel que queira participar, poida prestar o seu apoio aos doentes, a traveso do sistema sanitario.