Presentado o libro “A Fotografía Lucense de Eduardo Ochoa”

Esta mañá foi presentado na sala de novas tecnoloxías do Concello de Lugo o libro A FOTOGRAFÍA LUCENSE, de Eduardo Ochoa, editado polo Grupo fotocinematográfico Fonmiñá con motivo da XLI Semana de Cine de Lugo.

No libro reflíctese o alto nivel da fotografía de afeccionado en Lugo nos anos cincuenta e sesenta, conseguido polos membros da Agrupación Fotográfica Lucense de Educación y Descanso, que andando o tempo se integrou en Fonmiñá, precisamente nos tempos nos que este Grupo comezaba a organizar as Semanas Internacionais de Cine de Autor – Semanas de Cine de Lugo. O libro conta a historia fotográfica de Lugo a través dos nomes máis destacados neste labor.

Daqueles grandes fotógrafo de mediados do século XX seguen entre nós Carlos Valcarcel Gay e Cesar Quijada Ruiz.

Na presentación do libro estivo Quijada, que recordou feitos daqueles tempos e agradeceu a homenaxe (¡”en vida -bromeou- que, se non, íame enfadar”).

Á presentación asistiron fotógrafos actuais, destacados estudiosos da fotografía, e fillos dos fotógrafos históricos Valentín Roldán Real, Luis Belló Arias e Guillermo Peinó Mosquera.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com