Nun acto celebrado na Biblioteca Provincial de Lugo, o Colectivo Egeria vén de presentar o libro “O Sorriso de Lilí”, unha homenaxe a Araceli Herrero Figueroa. A presentación tivo lugar na ampla entrada da Biblioteca, ante a imposibilidade de acoller no salón de actos aos máis de oitenta asistentes.
“O Sorriso de Lilí”, coordinado por Antonio Giz e Xulio Xiz, conta con sesenta e nove colaboracións de amigos, compañeiros, familiares, ou persoeiros das letras de Galicia, dos que, trinta deles mencionaron nos seus traballos o luminoso sorriso (por veces pícaro, por veces “socarrón”, sempre amistoso) que caracterizaba a Araceli Herrero, e que da título ao libro.
Participaron no acto, entre outros, Xulio Xiz, condutor do acto; Ramón Reimunde Noreña, profesor e escritor; Bernardo Penabade, profesor; Francisco José Silvosa Costa, compañeiro de Araceli e profesor da Facultade de Maxisterio; Gustavo Vázquez Herrero,
Máis información: Web do proxecto