O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este xoves na presentación do programa gratuíto Feminino rural. Evolución, celebrado no Saviñao. Detrás desta iniciativa, está a Asociación de Empresarias de Lugo (AELU) e está dirixida a mulleres empresarias e emprendedoras do rural da provincia para mellorar ou lanzar os seus negocios.
García Pernas, que no acto estivo acompañado pola técnica do proxecto, Úrsula Pérez, animou ás empresarias e emprendedoras a participar nun programa que facilita ferramentas para mellorar os negocios. “Feminino rural. Evolución está destinado a negocios que xa están en marcha, pero tamén a aqueles que necesitan un apoio para dar os primeiros pasos e lanzar un novo proxecto coas garantía necesarias”.
“A creación de emprego, especialmente o xuvenil e o feminino, é unha das nosas apostas, porque é un factor imprescindible para que haxa actividade económica e para fixar poboación no territorio”, recordou o Deputado.
Unha vez rematados estes primeiros encontros, cada comarca contará con 25 prazas para as persoas interesadas co obxectivo de crear sinerxías entre os establecementos de cada zona, fomentando o intercambio de coñecementos e de experiencias entre empresarias e emprendedoras. Na segunda fase participará unha selección de 35 empresarias e emprendedoras, cinco por comarca, que sairán das reunións de traballo. Recibirán unha formación e un asesoramento personalizados dirixidos a mellorar o funcionamento, gañar competitividade e abrir novos mercados no caso das empresarias que teñan os negocios en marcha, e para