Presentado o proxecto de reforma do estadio Anxo Carro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou a publicación da licitación das obras de mellora do estadio do Club Deportivo Lugo, o Anxo
Carro, por valor de 3,8 millóns de euros. Unha reforma que contribuirá a transformar as principais bancadas do complexo deportivo e adaptalas así á realidade urbana. Segundo as estimacións, a intervención estará rematada para o comezo da tempada 2026/2027.

Esta obra súmase a ampliación da concesión demanial aprobada nas últimas semanas pola Xunta, que permitirá que o club se responsabilice da xestión do estadio, de titularidade autonómica, durante os próximos 30 anos.

Rueda eloxiou o labor da entidade, “cuxo impacto vai máis alá do deporte e beneficia ao tecido local”, destacando “a influencia da súa actividade no referido ao deporte feminino, ao deporte base e ás iniciativas en prol da inclusión”.

Igualmente, o presidente salientou “o momento de máximo esplendor que experimenta o deporte galego dentro e fóra do noso territorio, con máis licencias e deportistas de elite ca nunca, especialmente no eido do fútbol”. A este respecto, asegurou que existe unha responsabilidade tanto pública como privada para fomentar este éxito, e apuntou á preservación dos recintos deportivos como parte dese compromiso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com