Esta maña presentaronse os cartaces que anunciarán as festas do San Froilán e as actividades do San Froilán Miúdo. O xurado escolleu o cartaz gañador entre 40 propostas presentadas para ser a imaxe do San Froilán 2024.
O artista Isidro Gil Morales, coa súa proposta titulada “Globo” foi proposta escollida polo xurado como imaxe do San Froilán 2024, mentres que Rosalía Longarela Santos, de 14 anos, co seu traballo “Os amigos de San Froilán sempre volverán” será a imaxe do San Froilán Miúdo. Isidro Gil Morales recibirá un premio de 2.000€ e Rosalía Longarela Santos recibirá material de pintura e debuxo valorado en 300€.
A área de Cultura prorrogará os contratos das casetas e caldeiros de polbo e mantén aberto o prazo de licitación para a instalación da caseta e caldeiro nº 2 durante as festas neste ano 2024.