Presentan unha queixa ante a Valedora do Pobo polo Plan de Control do Xabaril en Lugo

A Plataforma Pola Convivencia Ética coa fauna silvestre, CON-ÉTICA, presentou estes días unha queixa ante a Valedora do Pobo tras meses de agardar por unha resposta da Xunta á solicitude de información detallada que xustifique o suposto plan de “control” da poboación de xabarís no municipio de Lugo.

Xa no mes de decembro, tras coñecer a intención da Xunta de Galicia de desenvolver medidas excepcionais de control de fauna na contorna de Lugo, a Plataforma rexistrou unha solicitude de información detallada dirixida á xefa territorial de Medioambiente e Ordenación do territorio, Margarita López Blanco que xustificara a dita intervención na que se plantexaba incluso a caza e a morte sen excepción de exemplares de xabaril.

Na citada solicitude, CON-ÉTICA reclamou copia dos estudos e informes nos que se fundamentan as causas que motivan unha intervención excepcional, os informes e estudos onde se avalían as distintas alternativas e métodos e a súa eficacia e o plan de acción resultante coas medidas a dispoñer e a calendarización de accións. Así mesmo, a plataforma preguntou pola relación de colectivos, institucións e entidades participantes na elaboración do plan, o carácter da súa participación e os motivos que xustifican a mesma.

Por último, CON-ÉTICA pediu información sobre incidencias e/ou accidentes provocados por xabarís na contorna municipal de Lugo. Malia que a solicitude incluía unha demanda de contestación urxente dado o carácter, segundo a prensa, aparentemente inminente das accións, esta solicitude segue sen contestación a día de hoxe polo que que a plataforma considera que Consellería de Medioambiente está a faltar ao dereito á información expresado pola lei 1/2016, de 18 de xaneiro de transparencia e bo goberno.

A plataforma inclúe a persoas particulares así como os seguintes colectivos Adega, Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo, Asociación Animalista Vox Anima, Asociación Cova Crea, Asociación Ridimoas, Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes Geas e o Partido Equo Galicia.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Lucia Barcelos
    Xuñ 05, 2019 - 07:17 PM

    Das galiñas…tamen

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com