Presentando o cartaz do San Froilán 2022

O Concello de Lugo ven de presentar o cartaz do San Froilán e do San Froilán Miúdo de 2022, escollido polo xurado que se reuniu o pasado martes.

Cruz Lago, NoemÍ López e Bruno López, que conformaron o xurado que escolleu o cartaz do San Froilán e do San Froilán Miúdo. O xurado escolleu un deseño entre os 40 participantes para o San Froilán e 7 para representar o Miúdo. A autora do cartaz gañador do San Froilán recibirá un premio de 2.000€, mentres que a gañadora do miúdo recibirá material de pintura e debuxo valorado en 300€.

A proposta gañadora para o San Froilán foi a obra Sorrisos, de Alfredo León Mañú, e na categoría infantil, escolleuse Ven ao San Froilán, os polbos voarán, de Rosalía Longarela Santos, de 12 anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com