Hoxe tivo lugar a presentación da 44 edición da Semana Internacional de Cine de Lugo. A cita, que se vén celebrando anualmente dende o 1979, terá lugar entre o 19 e o 24 de setembro de 2022. No acto estiveron tamén presentes Manuel Curiel, director da Semana de Cine, representantes da Xunta de Galiza e da USC, e integrantes do Comité Organizador da Semana.
Durante a 44 Semana do Cine de Lugo proxectaranse un total de 117 filmes, que estarán divididos en 10 ciclos. Destes, 95 serán gratuítos, sendo de pago só o ciclo infantil, con entradas a 2€, Cines das Nacionalidades, a 3€ e o ciclo Oficial, que terá un prezo de 4€.