A presidenta do PP de Lugo afirma que porá todo o seu esforzo para fortalecer o partido

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, afirmou que traballará “de xeito infatigable” pola unidade e o fortalecemento do partido e por seguir sendo “quen mellor representa os intereses dos cidadáns desta provincia”.

A nova presidenta dos populares de Lugo agradece o apoio recibido polos militantes e aseguran que serán eles os que guíen a súa acción á fronte do partido. “Agradezo o seu respaldo e as achegas que nos fixeron ao longo deste proceso, polo que todas elas serán tidas en conta”, esgrime.

Candia precisou que este é o momento de “sumar”, posto que non existe rival dentro do Partido Popular, senón só compañeiros dedicados e ocupados en traballar “por un proxecto común que faga que sigamos sendo o partido de referencia na provincia elección tras elección”.

A presidenta do PP de Lugo avoga por un partido no que estean representadas todas as sensibilidades, “un proxecto de todos no que o centro son as persoas”. Así, avanza que nos vindeiros días dará a coñecer o equipo que a acompañará “nesta nova etapa intensa na que a nosa tarefa será sumar e estar preto da xente”, conclúe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com