O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Cooperación cos Concellos e Alcalde da http://www.afonsagrada.org, Argelio Fernández Queipo, participaron este domingo na XXI Feira do Butelo da Fonsagrada, que conta co apoio principal do Goberno da Deputación. O organismo provincial colabora con este municipio da montaña lucense na organización do evento gastronómico, cunha achega de 6.000 euros, para promover os produtos autóctonos e dinamizar a actividade e a economía do rural lugués. Ao longo do día puxéronse á venda 10 toneladas de butelo en 65 stands, xunto con outros embutidos e alimentos tradicionais.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.