Preto de 1.400 maiores e con capacidades diferentes participarán no Movémonos

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou na tarde de onte no Vello Cárcere de Lugo unha nova edición do Movémonos, o programa deportivo, saudable e social que o organismo provincial retoma este mes de outubro no rural lugués. No acto tamén participou o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a Concelleira de Economía, Ana Prieto, así como representantes de numerosas asociacións que participan nesta programación.

Campos Conde subliñou que “este ano incrementamos o número de participantes, pois debido ao éxito de pasadas edicións do programa, once novas asociacións de toda a provincia decidiron solicitar esta programación. Movémonos está encamiñado a vencer os obstáculos que dificultan a práctica deportiva, promovendo a actividade física moderada en colectivos de distinta índole afincados en concellos lucenses, cuxo acceso á práctica deportiva e aos seus beneficios se atopa limitado”.

Un total de 93 asociacións, 28 da zona norte, 49 do centro e 16 do sur da provincia participan neste programa, achegando numerosas actividades deportivas a máis de 1.400 lucenses maiores ou con capacidades diferentes. Movémonos comezará o día 13 de novembro e prolongarase ata xuño de 2018.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com