Preto de 2.900 atletas participan na terceira carreira Corre Con Nós

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, deron este sábado, o pistoletazo de saída ás diferentes categorías da carreira Corre Con Nós, na que se deron cita preto de 2.900 atletas de todas as idades e de todos os puntos do municipio e da provincia.

Cun percorrido de entre os 400 metros e os 3 quilómetros para as categorías infantís e de 6 quilómetros para os adultos, Méndez e Fernández fixeron fincapé na “alta participación desta cita así como nas súas potencialidades, que pasan por fomentar a práctica depotiva e por promover a riqueza de Lugo”.

O circuíto desta carreira, cun trazado íntegro de asfalto, non se empregaba dende o ano 2011. Foi recuperado pola demanda dos corredores, pois forma parte dos adestramentos diarios de gran parte dos lucenses, así como polo entorno polo que discorre.

Ao remate das carreiras dos máis cativos, Lara Méndez e Miguel Fernández entregáronlle aos nenos e nenas gañadoras os seus respectivos trofeos e medallas.

As vindeiras probas do circuíto terán lugar o domingo 17 de abril, o sábado 7 de maio e o domingo 5 de xuño.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com