O Deputado de Deportes en funcións, Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes do Concello de Sarria, Félix Seijas Fernández, e o Presidente do Clube DHG Galicia, David Somoza, presentaron este mércores, no Malecón da vila sarriana o VIII Descenso Urbano da Vila de Sarria.
O descenso urbano contará con dous circuítos, no que participarán preto de 200 bikers. O Mini DHU, no que participan rapaces de entre 5 e 14 anos, terá un percorrido duns 200 metros, con mini estruturas adaptadas para a realización de acrobacias. Pola súa banda os maiores baixarán desde o Campo da Feira ao Malecón, un percorrido de 1,2 quilómetros en descenso continuo, e que transcorre por parte do Camiño de Santiago que atravesa a vila. Os ciclistas deberán superar moitos obstáculos como estruturas de madeira, escalinatas, troncos, un camión de butano, ou o salto desde unha casa. A inscrición segue aberta na web: http://emesports.es/
Horarios
Sábado 13 de xullo
– De 9:30 a 11:00 horas: Adestramentos de Mini DHU.
– 11:15 horas: Carreira Mini DHU.
– De 16:45 a 20:15 horas: Remonte e servizo de transporte
– De 17:00 a 21:00: Adestramentos DHU Vila de Sarria e recollida de dorsal.
Domingo 14 de xullo
– De 10:00 a 13:45 horas: Remonte e servizo de transporte.
– De 10:00 a 14:00 horas: Adestramentos DHU Vila de Sarria
– De 10:00 a 13:45 horas: Remonte e servizo de transporte
– 16:00 horas: Primeira manga.
– 17:30 horas: Segunda manga.
– 18:30 horas: Peche de carreira
– 19:00 horas: Entrega de premios, sorteo de agasallos .