Preto de 25 nenas e nenos de Vilalba quedan sen praza nas escolas infantís

O PP de Vilalba comparte “o malestar de moitas familias” despois de que uns 25 nenos e nenas de 0 a 3 anos quedaran sen praza nas escolas infantís do municipio pola “falta de previsión do goberno socialista vilalbés”.

Os populares indican que “o goberno local ten coñecemento do número de nacementos que se rexistran cada ano e, polo tanto, sabía o número de prazas que poderían ser necesarias para ofrecer este servizo ás familias vilalbesas que así o solicitaran”. Nese sentido, explican que “o goberno do PSOE puido ter solicitado as axudas convocadas pola Xunta para acondicionar unha nova aula na gardería municipal, pero non o fixo”. Así, definen a actitude do goberno socialista como “moito pico, pero pouca pala”.

Os populares de Vilalba propoñen “iniciar xa os trámites necesarios para habilitar de cara ao curso seguinte -o 2024/2025- unha nova aula para ofrecer un número de prazas acorde coas necesidades do noso concello”. Así mesmo, explican que “é posible habilitar unha aula mixta para nenos e nenas de 0 a 2 anos”.

Por outra banda, sinalan que “ademais de estender a gratuidade na atención educativa para todas as nenas e nenos en todas as escolas infantís de Galicia, a Xunta pon a disposición das familias o Bono Coidado, unha axuda ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia menores de 13 anos de idade para atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com