Preto de 400 de ciclistas percorren as paisaxes nevadas da Fonsagrada coa VI Ruta dos Lobos

A VI Ruta dos Lobos da Fonsagrada tivo lugar este sábado, coa participación de preto de 400 persoas de toda a provincia, así como de diferentes puntos de Galicia e do noroeste peninsular. A ruta cicloturista deu comezo ás 11:00 horas na Praza do Concello e tivo un percorrido circular, que transcorreu maioritariamente no municipio fonsagradino, aínda que tamén percorreu varios quilómetros por Negueira de Muñiz.

Finalmente a ruta contou soamente cun percorrido de 29 quilómetros, por mor das condicións meteorolóxicas, suspendeuse o percorrido coa ruta máis longa. Ademais, desde a organización facilitaron unha lista con puntos de interese para o seguimento da proba. O Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, participou na entrega de premios aos gañadores das diferentes categorías.

Durante a fin de semana puxéronse en marcha varias actividades paralelas, como unha  Loboescalada polas rúas da vila ou unha xincana gratuíta para os máis pequenos. Ademais, realizáronse visitas guiadas para os acompañantes dos corredores, na que os visitantes coñeceron o museo Etnográfico de Grandas de Salime e a fábrica de cervexa artesá “Pintega”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com