Arrancou hoxe o xuízo contra Ibrahima Ndiaye, o mozo senegalés acusado do asasinato en 2016 de Tatiana Vázquez, unha rapaza lucense de 24 anos. Asemade, Ibrahima está acusado dun delito de maltrato no ámbito familiar durante os 6 anos de relación que mantivo coa vítima.
Ibrahima, que chegaba á Audiencia Provincial directo dende a prisión de Bonxe e escoltado por catro garda civís, só quixo declarar a súa inocencia ante os medios de comunicación. A vista que arranca hoxe e, previsiblemente, podería durar ata o día 25, se celebrará con xurado popular e está previsto que pola sala pasen preto de 50 testemuñas. Mentres a Fiscalía solicita 27 anos e medio de prisión para o acusado, a defensa pide a total absolución pola falta de probas e motivación para ter Ndiaye a autoría do crime.
Segundo o relato fiscal, os feitos tiveron lugar na noite do 8 ao 9 de abril de 2016, na que vítima e presunto autor acudiron á habitación dunha pensión onde ambos residían. En torno as 4 da madrugada ambos abandonaron o cuarto e subiron ao coche no que foron ata a rúa Fonte da Bica, de Lugo.
Tatiana, foi asasinada cun arma branca, similar a un coitelo ata en 54 ocasións e buscando, segundo relatan o auto, non só a súa morte senón tamén o sufrimento da vítima.
Fiscalía pide tamén que cando o acusado acade a liberdade condicional, o resto de pena se substitúa pola expulsión do territorio español por dez anos tendo en conta que está en situación irregular no país.
El abogado de la defensa, César Lodos, reafirmouse na inocencia do seu defendido e criticou que non se seguiran outras vías de investigación.