O Deputado Provincial Pablo Rivera Capón participou este mércores na presentación da IV edición da Heroica, a proba de natación en augas abertas que ten o seu centro neurálxico no embarcadoiro de Doade, en Sober e que se celebrará o vindeiro 27 de xullo. No acto tamén participaron o Alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, a Alcaldesa do Concello de Castro Caldelas, Sara Inés Vega Núñez, o Presidente do Club Natación Porta Miñá, Fernando Timiraos Carrasco, e outras autoridades e patrocinadores. A Deputación é o principal patrocinador desta proba que une o deporte e o turismo activo, achegando 10.500 euros para a súa celebración.
Rivera Capón explicou que “a Heroica vaise asentando no calendario deportivo anual da natación, polas excepcionais condicións da auga, sempre tranquilas e con boa temperatura: as máis favorables do mundo, como di a organización; así como pola espectacularidade da paisaxe, por iso este ano contamos cun nivel moi alto e con nadadores de moita calidade entre os participantes, destacando a Bea Gómez, ou a Gaspar Andrade, entre outros membros da selección española”.
Trátase dunha proba con tres distancias clasificables e unha travesía popular de 600 metros na que participarán 40 afeccionados de todas as idades. A proba raíña, a Heroica, constitúe o Gran Premio Deputación de Lugo de natación, ten un percorrido de 10.000 metros, e hai inscritos uns 225 participantes nacidos a partir de 2004. As outras dúas probas son as de 5.000 e 2.500 metros.
Xul 25, 2019 - 07:55 AM
Y no pone la fecha en la noticia?
Xul 25, 2019 - 10:36 AM
Grazas. Non puxemos a data, será o 27 de Xullo. Xa está correxido.