Preto de vinte mil persoas solicitaron a Tarxeta Cidadá

Preto de vinte mil persoas solicitaron a Tarxeta Cidadá do Concello dende a súa posta en funcionamento no mes de abril do 2011. Trátase dun dispositivo intelixente multiservizo, que lle permite aos usuarios identificarse e facer uso dos servizos municipais dun modo máis rápido e sinxelo.

O Concello emitiu 742 tarxetas no primeiro semestre do ano 2016. O mes no que máis solicitudes se rexistraron foi abril, con 124. Este dispositivo polivalente serve, entre outros servizos, para aboar o transporte público.

A Tarxeta Cidadá pódena obter todas as persoas que vivan no termo municipal de Lugo, mesmo sen estar empadroado no Concello. Os interesados deberán imprimir o documento de ingreso dende a web lugo.gal, acudir ao banco a pagar as taxas e entregar a documentación nas instalacións municipais da Ronda da Muralla, 197. De xeito inmediato recibirán a tarxeta, que non pode ser cargada ata o día seguinte. O seu uso é exclusivamente persoal e intransferible e non ten data de caducidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com