Gran triunfo do Club Deportivo Lugo que iniciou o encontro cun gran control do xogo, e que dende os primeiros minutos e con envíos directos, buscou con poucos movementos a chegada á zona de remate. Pola contra o Girona, rápido e ordenado, tratou de romper a liña de retagarda, con cambios de orientación e incorporacións laterais.
O xogo dividiuse entre ambos conxuntos e os de Milla non atopaban o acerto entre unha liña de medios excesivamente poboada e dificil de superar.
Xa na segunda parte o ritmo non decrecía co paso dos minutos; Luís Milla sacaba a Ferreiro e Lemos para apuntalar o ataque por banda que lle permitira atopar algún burato do rival, pero foi Sergio Marcos, nunha acción xenial, o que puxo o marcador definitivo de 0-1 cun golazo a moitos metros de distancia e que superaba ao gardameta Isaac Becerra. Un gol de ouro que lle da aos de Milla tres importantisimos puntos e a súa primeira vitoria fora da casa esta tempada.