Os gobernos en bipartito, non son sinxelos. E senón que se llo digan ao Concello de Lugo, que, catro días despois de formarse xa rexistrou o seu primeiro encontronazo entre BNG e PSOE. Aínda que o nacionalista Rubén Arroxo, esta mañá, quitáballe ferro ao asunto o certo é que un desencontro tambalea o bo ambiente no goberno local.
Todo veu dado despois de que os nacionalistas compareceran ante a prensa para presentar as súas competencias no novo goberno. Entre todas, destacaba unha, a de Rubén Arroxo, primeiro tenente de alcalde da corporación que denominou á súa concellería como Vicealcaldía, Mobilidade e Infraestruturas, unha nomenclatura que pouca gracia fixo ao equipo de Lara Méndez.
Mentres a rexedora negábase a recoñecer a figura de vicealcalde, Arroxo aseguraba esta mañá que, nas xuntanzas previas, se lle dera liberdade aos grupos para nomear as concellerías como quixeran. “Nós fixemos esta proposta de nome para a vicealcaldía, darémoslle unha volta para ver cómo se pode enfocar pero, de todos os xeitos, ese é un debate interno do goberno… Esperemos que todos os problemas sexan ese”, destacou esta mañá o nacionalista quen aseguraba que ter unha concellería con ese nome, “non implica ter un vicealcalde ou unha vicealcaldesa”.
Xuñ 20, 2019 - 10:53 AM
Empieza el show!!!!! 😂😂😂😂😂
Xuñ 19, 2019 - 08:20 PM
Jijiji