O centro social A Hedreira, programa para este vindeiro mes de marzo unha serie de actividades abertas a todas as persoas que desexen asistir. Haberá palestras sobre o decrecemento, cea, asistencia á manifestación feminista polo 8M, charla sobre a natureza na infancia, cineforum e varios obradoiros. Para ter información máis detallada pódese acceder á súa web.