O BNG solicitou o corte do tráfico na Calzada da Ponte este domingo durante o partido do Lugo

A pretensión do BNG é que este domingo, 15 de xaneiro de 2017 e nos seguintes días de partido do CD Lugo, se proceda ao corte de tráfico neste tramo da Calzada da Ponte dende 3 horas antes do comenzo do encontro,  ata 1 hora despois da finalización do encontro. Arroxo especificou que “evidentemente estes cortes adaptaranse á realidade da presenza de persoas neste tramo da Calzada”.

Arroxo reuniuse con seareiros e representantes de peñas do CD Lugo que, no pasado ano, xa trasladaran esta proposta á alcaldesa pero que foi ignorada. “Parece irónico que dende o goberno municipal se lles contestara aos representantes das peñas que non se podían facer cortes nos días de partidos por que estaba pendente de executar a peonalización da Calzada” dixo Arroxo e aclarou que “para peonalizar a Calzada non se fixo nada durante o 2016”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com