Prórroga e vitoria de infarto para o Breogán (76-74)

O Cafés Candelas Breogán sufriu para vencer ao Actel Força Lleida no primeiro partido da tempada nun Pazo dos Deportes que presentou un gran aspecto para a estrea.

Foi preciso xogar unha prórroga para decidir un encontro trabado e típico entre equipos aínda en rodaxe. Dúas triplas de Sergio Llorente no período extra desatascaron o encontro a favor dos celestes.
Dani López con 9 puntos e 9 asistencias foi o xogador máis valorado do Cafés Candelas Breogán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com