O Servizo de Protección Civil do Concello de Lugo procedeu este venres a limpar o leito do río Miño, en Adai, para retirar pólas e troncos de árbores que poidan atoar a represa da Estación de Tratamento de Auga Potable durante os vindeiros meses.
Os traballos, que cada ano se realizan de forma ordinaria antes de rematar a época de estiaxe, precisaron da intervención de mergulladores así́ como a utilización de guindas- tres que se empregaron para o traslado dos refugallos localizados.
“A finalidade – segundo indican dende o Servizo de Protección Civil – é liberar a cunha fluvial de calquera obxecto, fundamentalmente restos de ramas e de vexetación que arrastran as choivas dende as ribeiras, para evitar que poidan ocasionar algún tipo de atoamento á ETAP, comprometendo o seu funcionamento, dende a que se regula o caudal necesario para abastecer de subministración á cidade”.
Set 25, 2021 - 08:51 PM
Jaja uns traballando e outro mirando. Así vamos
Set 25, 2021 - 12:58 PM
E todo isto sen naide do PP saindo na foto. ¡Albiricias! vamos progresando.