A provincia de Lugo ocupa o 50% da superficie destinada a agricultura ecolóxica en Galicia

A provincia de Lugo ocupa o 50% da superficie destinada a agricultura ecolóxica en toda Galicia. En total, dedícanse a este tipo de actividades unhas 23.000 hectáreas en toda Galicia, das cales preto de 12.000 están na nosa provincia.

É o que se tira da memoria anual de actividades do ano 2015 do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia correspondentes á nosa provincia e do avance dos datos até maio de 2016, que foron presentados esta mañá en rolda de prensa en Lugo.

Segundo este estudo, os produtos lácteos representan máis da metade da produción de produtos ecolóxicos certificados na provincia, concretamente o 55%. A carne avícola e de vacún, con 15,12% estaría en segundo lugar e a recolleita silvestre, castaña, sería a terceira, con 12,45%. Estas tres producións representan o 82,58% da produción certificada.

As cifras de facturación do sector amosan ademais que estamos ante un sector en alza. O pasado ano a facturación do total das explotacións ecolóxicas de Galicia acadou os 33,3 millóns de euros, fronte os 31 millóns do ano pasado.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com