Os feitos tiveron lugar sobre as 5:10 horas desta pasada madrugada cando un codutor ebrio provocou un accidente de circulación na Rolda da Muralla. Cando un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo chega ao lugar comproba que un vehículo chocara contra outro estacionado, desprazándoo cara adiante e impactando contra outro vehículo máis, tamén estacionado, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,87 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
Asemade, a madrugada do día 1 de maio, nun control establecido na Rolda da Muralla, detectáronse dous condutores con signos de inxesta de alcol, sendo sometidos ás probas regulamentarias, lanzando resultados POSITIVOS de 0,33 e 0,53 mg/l, abríndose expedientes sancionadores con multas de 500 euros e a retirada dos 4 puntos ao primeiro e de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos ao segundo.
Ás 16:00 horas do día 1 de maio un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Tui xa que se producira un accidente de circulación no que un vehículo desvíouse da súa traxectoria e choca con outro que acababa de estacionarse e o seu condutor aínda estaba no interior, e debido ao impacto desprázase e choca á súa vez cun terceiro, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido a un control de alcoholemia con resultado POSITIVO de 0,50 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución. A condutora do vehículo estacionado precisou asistencia sanitaria.
Foto: Imaxe facilitada pola Policía Local de Lugo.