O PSOE de Folgoso do Courel demanda unha liña de transporte público no Concello

A voceira socialista de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez Álvarez, avanzou hoxe que defenderá duas mocións no vindeiro pleno que se celebrará este venres. “Por unha banda demandaremos na sesión plenaria unha liña de transporte público no Concello, e tamén, defenderemos outra inicitiva para acadar un sistema público de pensións con maior capacidade de redistribución e a redución das desigualdades”, sinalou a voceira.

Carmen Álvarez explicou que na moción sobre o transporte “demandamos á Xunta instaurar servizos de transporte público de viaxeiros no noso Concello incluíndoos no Plan de Transporte Público de Galicia, para que comuniquen regularmente o noso Concello coa capitalidade provincial e comarcal, así coma co Concello limítrofe de Pedrafita do Cebreiro”.

Denuncia que calquera veciño do Courel para asistir a unha consulta médica a Lugo, ou xestionar outro tipo de asuntos, teñen que alugar un táxi, senon contan cos medios propios, cun custe para cada usuario de 120 euros a Lugo, e 70 a Monforte de Lemos. Replica que “a meirande parte dos veciños contan cunhas pensions mínimas de 606 euros e que si teñen que pagar os gastos extras dun taxi que lles quedaria para comer?, preguntase. “Ademais, tampouco temos transporte dende as distintas poboacións o centro médico”.

A voceira lembra na moción que “a Xunta de Feijoo e do PP esquécese unha vez máis da situación demográfica e territorial da provincia de Lugo, quedando os concellos máis desfavorecidos desprovistos dun servizo de calidade. Mais a estruturación deste plan afecta tamén aos eidos empresarial e laboral, coa estimación de que se perdan un millar de postos de traballo e que as pequenas empresas que prestan servizos no rural, vexan reducida a súa carga de traballo un 70%”, advertiu.

“Dende o Grupo Municipal Socialista consideramos que o desenvolvemento económico e territorial da nosa comunidade pasa por establecer plans que conten coas necesidades de tódolos axentes implicados, sempre mirando cara un desenvolvemento harmónico e sostible”, sinalou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com