PSOE e BNG arrancan negociacións en Lugo para acadar un goberno de esquerdas

Arrancan en Lugo as primeiras negociacións entre PSOE e BNG para chegar a un acordo que asegure na cidade un goberno de esquerdas. Segundo confirmou esta mañá o voceiro do goberno en funcións, Miguel Fernández, a idea do equipo socialista pasa por “non demorar moito estas negociacións”, e facelas “tendo en conta a realidade do municipio” e non de toda Galicia. Os socialistas aseguran que buscan un goberno estable capaz de “aprobar orzamentos e executar proxectos pendentes”.

Da outra banda, o BNG de Rubén Arroxo, aínda que si confirmou o inicio das negociacións, non se amosou tan seguro como os socialistas de querer chegar a un pacto para facilitar este goberno de esquerdas. Con todas as xuntanzas entre partidos aínda sen realizarse, Arroxo asegurou que o seu grupo débese aos lucenses que os votaron e, por iso, “teñen a responsabilidade e a obriga de intentar unha negociación” pero non de levala a cabo. O primeiro, segundo o nacionalista, é “estudar se somos máis útiles no goberno ou na oposición”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carmen Salvadores Cobas
    Mai 29, 2019 - 08:11 PM

    Grazas, Rubén

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com