Esta tarde, iniciáronse as conversas entre o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista para explorar a posibilidade de chegar a un acordo de goberno no Concello de Lugo. Tal e como estaba previsto, por parte do BNG, participaron nas conversas Rubén Arroxo, actual portavoz do BNG no concello, a que foi número 2 da candidatura,
Maite Ferreiro e o concelleiro electo Alexandre Penas; e por parte dos socialistas, a actual rexedora en funcións, Lara Méndez, o voceiro do goberno, Miguel Fernández, o número dous da candidatura das últimas eleccións, Álvaro Santos e a secretaria local, Ana González Abelleira.
A xuntanza tivo lugar no salón de comisións do concello de Lugo e nesta primeira xuntanza establecéronse as bases das negociacións e os termos nos que trascurrirán as mesmas. Rubén Arroxo sinalou que “a intención do BNG é a de chegar a un goberno estable para Lugo, xa que se demostrou que despois destes 4 anos é necesario un cambio no goberno municipal”. Arroxo anunciou que “o BNG vai poñer un proxecto sobre a mesa para que Lugo funcione” e adiantou que “o BNG vai ser totalmente construtivo e propositivo para chegar ao mellor acordo para as veciñas e veciños de Lugo”.
“Dar solución aos problemas que ten o concello de Lugo e facer un proxecto para Lugo deben ser os obxectivos” sinalou o voceiro do BNG e engadiu “de nada serviría que o BNG colla unha concellería e o PSOE outra se despois, cada quen colle un camiño distinto”. Para o BNG “o principal é facer un proxecto en común e despois xa virá o reparto de tarefas”.
Por parte dos socialistas, a rexedora en funcións manifestaba esta mañá que, na reunión, intentaría asentar as bases para acadar un goberno local “con estabilidade”, algo que ela mesma recoñeceu, “non houbo nos últimos catro anos”. As confluencias entre as liñas programáticas de nacionalistas e socialistas eran os puntos polos que, a alcaldesa, pretendía que se iniciaran as conversas, intentando avanzar nun acordo.
Xa pola tarde, en torno ás 17.00 horas, antes do comezo do encontro, Méndez afirmaba estar “animada e optimista” de cara á reunión aínda que aseguraba que só era a “primeira” de “máis reunións”. A rexedora tiña claro que “non temos présa, nin imos poñer o número de reunións porque se farán as que faga falta para acadar un bo acordo e falar de proxectos de futuro”.
Os grupos teñen ata o sábado 15 de xuño para negociar, pois ese día debe constituirse a corporación municipal e a votación dos alcaldes.
Xuñ 07, 2019 - 12:28 PM
Para que LUGO funcione, podían empezar por el personal, ya veo que es lo que menos les interesa. Su sindicato Cig denunció el nombramiento del Dirección de Recursos humanos, igual que el PP, el Bng pidió paralizar la Rpt, porque segùn la Cig no había plazas suficientes en Informàtica, siendo el departamento donde mas plazas se creaban. Mienten como bellacos!!! Eso es pùblico y se puede rebatir. Es una verguenza todo lo que boicoteó el Bng y la Cig, junto con Agora, Ciudadanos y el sindicato Uso.
Que busca la Cig en Informàtica??
Porque Fernando Fernandez, el bombero delegado de Cig hace esas declaraciones sabiendo que miente??
Quien puede fiarse de Bng y Cig??
La Cig tiene ahora un delegado en Informàtica, coincidencia??
Habrá que andar vigilantes con lo que pueda venir.
Las cafeteras eran las culpables de las averías informáticas y electricas.
No somos tontos, los lucenses tenemos memoria de elefante.
Xuñ 06, 2019 - 09:32 PM
Quelque chose