PSOE e BNG tomban a proposta do PP para ubicar a praia fluvial

Os nove votos dos concelleiros do PSOE e BNG, incluído o voto de calidade da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, tombaron esta mañá no Pleno a proposta do Partido Popular para acondicionar unha zona de baño pública fronte ao Pazo Universitario dos deportes, algo que implicaría adquirir os terreos que unen o parque do Miño e do Rato e o acondicionamento de tres caneiros.

Os grupos de PSOE, Lugonovo e BNG amosaron o seu rexeitamento a ubicar nesa zona a praia fluvial ao tratarse dun lugar de alto valor medioambiental e ao contar cunha ínsua que serve de refuxio para as aves. Por este motivo, o voceiro dos populares Jaime Castiñeira accedeu a modificar a súa proposta e aceptou que no texto da mesma se incluíse “estudar” a viabilidade desta ubicación, sen pechar a porta a outra, e que o Concello sopesase ademais adquirir a ínsua situada nesa zona.

Tras estas modificacións, os grupos de PSOE e BNG votaron en contra da iniciativa, sumando nove votos en contra fronte aos 9 a favor dos populares, as abstencións de Lugonovo e Ciudadanos e a ausencia de ACE. O empate motivou unha segunda votación na que se acordou tombar a iniciativa grazas ao voto de calidade da alcaldesa, Lara Méndez.

Tralo debate, Jaime Castiñeira acusou a socialistas e nacionalistas de teren “pouca seriedade” ao esixir modificar a proposta para finalmente votar en contra. Segundo Castiñeira, os lucenses seguirán sen contar cunha zona de baño público pola decisión de PSOE e BNG.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com