PSOE e Lugonovo reuniranse finalmente o vindeiro luns

O PSdeG-PSOE continuou este xoves coa ronda de contactos cos grupos políticos municipais co fin de avanzar na distribución dos locais dispoñibles na casa consistorial.

Segundo o acordado, na orde para a elección dos locais dispoñibles primará a porcentaxe de representación na Corporación, polo que comezará escollendo dependencias o Partido Popular, seguido do Partido Socialista, Lugonovo, BNG, Cidadáns e ACE.

Os contactos entre as comisións negociadoras de PSdeG e Lugonovo retomaranse o vindeiro luns, e non hoxe como estaba previsto, por un problema de axenda da plataforma lucense. O obxectivo é o de axilizar o proceso de negociacións e acurtar prazos de cara a conformar canto antes un goberno municipal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com