PSOE: O Alcalde das Nogais oculta aos veciños as obras da Deputación

O PSOE de As Nogais denuncia que o Alcalde trata de enganar aos veciños ocultando que é a Deputación a que achega novos investimentos para mellorar infraestruturas no Concello. O Secretario Xeral Local, Alfredo Guiu, subliñou que o “PP e Jesús Núñez non están cumprindo coas bases do Plan Único Provincial que recollen que todas as actuacións financiadas pola Deputación terán que ter colocado un cartel informativo onde apareza o custe das obras e os traballos realizados, co logo do organismo provincial”.   

“O Alcalde do PP practica este tipo de políticas escuras e mediocres porque sabe cal é a realidade no Concello de As Nogais e no resto da provincia. Somos os socialistas dende o Goberno da Deputación os únicos que traemos novos investimentos para mellorar as prestacións públicas aos nosos veciños. Porque a Xunta de Galicia non fai nada”, censurou o Secretario da agrupación.

Guiu explicou que trátanse de 4 actuacións que contan cun investimento total da Deputación de 150.000 euros e que consistiron na mellora con aglomerado en quente das estradas 037-021, de Vilarín a Pando; a 037-12 e 037-004, da Ferrería a Vilavexe; a 037-006, da N-VI a Pía; e a 037-016, de Brañas a Camiño Real.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Juan Miguel Martinez Carballo
    Mai 05, 2019 - 03:01 PM

    E de donde salen os cartos cos que a Deputación fai as obras???, tamén o oculta!!!???; e a sua obriga e se non que lle de a os axuntamentos os cartos…

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com