Publicadas as listas definitivas de novos ingresos nas Escolas Infantís Municipais

O Concello de Lugo publicou esta mañá as listas definitivas de nenos e nenas admitidas no vindeiro curso 2018/2019 para prazas de novo ingreso nas escolas infantís, creadas e mantidas polo Concello de Lugo: Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e María Wonenburguer; así como as listaxes de espera e desestimados e desestimadas.

Todas as persoas interesadas poden consultar estas listas no Taboleiro de Edictos do Concello, na área de Educación, situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, nas propias escolas infantís e no Servizo de Atención Cidadá 010. O prazo para formalizar a matrícula é do 11 ao 22 de xuño, na escola na que os cativos e cativas teñan praza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com