Publicadas no BOP as axudas da Deputación para recuperar terras abandonadas

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar a resolución das axudas da Deputación por valor de 300.000 euros coas que recuperar 582 hectáreas de terras abandonadas na provincia para poñelas en produción. Os beneficiarios son agricultores ou gandeiros a título individual, agrupacións de produtores ou persoas xurídicas con titularidade na explotación que acreditaron como actividade profesional principal a agricultura ou a gandería. Cómpre lembrar que a través desta liña de axudas, o Goberno da Deputación ofreceu axudas a un total de 356 agricultores e gandeiros cos que poñen en produción 1.888 hectáreas de terreos baldíos.

Por comarcas, na Montaña recuperaranse 178 hectáreas con 89.274 euros en axudas a 40 gandeiros e agricultores; na Terra Chá recuperaranse 165 hectáreas e 82.804,25 euros en axudas a 39 produtores de Concellos desta Comarca; na Comarca de Lugo, 124 hectáreas e 62.300 euros en axudas a 24 gandeiros e agricultores; na Comarca de Sarria, 48,5 hectáreas con 24.200 euros en axudas a 16 produtores; na Mariña, 31 hectáreas con 15.900 euros en axudas a 7 gandeiros e agricultores. En Lemos e Chantada serán recuperadas 24,5 hectáreas con 12.300 euros en axudas a 6 produtores e, na Ulloa, 26,1 hectáreas con 13.100 euros en axudas a 5 gandeiros e agricultores de
Concellos desta Comarca.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com