O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou a publicación das listaxes das axudas para a compra de libros de texto e material escolar para familias con baixos recursos. “Seguimos a traballar na mellora dos tempos deste trámite, que este ano contamos con ter rematado de cara ao inicio do curso escolar”.
A concellería de Educación tramitou un total de 565 solicitudes, que optarán a un dos 400 cheques de 100€, ata completar un total de 40.000€ adicados a estas axudas. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar quedando este ano establecido o tope no 80% do IPREM.
As listas poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello, no 010 e na web municipal, e as persoas que resultaran excluídas por falta de documentación terán de prazo até o 30 de xullo para achegala, antes de elaborar as listas definitivas