Quen veña detrás, que arrée!

As previsións do tempo son informacións do maior interese, porque o tempo que se vai disfrutar ou sufrir ten relevancia capital. Os lucenses temos a experiencia de que o tempo marca o resultado dos eventos, e se o bo tempo acompaña, as festas son perfectas. Esto, en canto aos pronósticos inmediatos. Ben diferente son os de máis lonxe por funestos que resulten, que se non nos afectarán a nós, afectarán de xeito grave aos nosos fillos e netos.

Hai xeral concordancia de que o planeta ven quentándose desde o inicio da era industrial, e que a subida dun grao provoca desertización, subida dos mares, secas prolongadas ou choivas torrenciais, e un sen fin de problemas que percibimos sen enfrontar o problema, e sen que os gobernos tomen decisións en serio.

As altas temperaturas de abril preocuparon momentaneamente, pero non se plantea en firme o problema da falta de choivas, embalses baleiros, peche de canles de regadío e perda de colleitas. Ninguén fala do problema que nos ameaza desde hai moito tempo, acelerando procesos, no que aos particulares só nos corresponde consumo axeitado, aforro, uso racional, e a cada goberno potenciar estes comportamentos e, tanto en solitario como en conxunto, afrontar plans de futuro para evitar a degradación do clima que os cientificos denuncian e nós sentimos xa en carne propia.

Os pronósticos condicionan accións e proxectos; márcannos a vida. Moito máis deberían preocuparnos os efectos a longo prazo, que costarán facendas e vidas, e sobre os que os gobernantes parecen pensar como o egoista axioma: “quen veña detras, que arrée!”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com