A Plataforma Queremos Galego presentou esta mañá a Manifestación en defensa do Galego que convoca a propia plataforma para o vindeiro 17 de maio co gallo da celebración das Letras Galegas.
Durante a presentación na que estiveron presentes representantes de organizacións que forman parte da Plataforma houbo unha intervención musical por parte de Antón Castro, mestre e membro de Fuxán Os Ventos.
Durante a intervención denunciaronse as políticas regresivas do PP no goberno da Xunta contra a lengua galega e convidiouse a participara na movilización do día 17 en Santiago de Compostela que sairá ás 12:00 horas da Alameda.
Dende Lugo haberá autobuses que sairán ás 10:00 de diante do edificio sindical na ronda da Muralla para asistir hai que apuntarse no 982 22 58 12.