Queremos Galego! sae á rúa perante a situación de emerxencia lingüística

A plataforma cidadá Queremos Galego!, composta por máis de 600 entidades, chama a cidadanía galega a mobilizarse nas sete cidades galegas mañá, xoves 19 de decembro, ás 20h, en resposta á situación de emerxencia lingüística que amosan, con claridade, datos como os do IGE.

Asemade, a plataforma pretende reclamar que a Xunta cumpra coas demandas realizadas polo Consello de Europa unha vez se fixo público o seu informe onde se constata o retroceso no uso da nosa lingua e “se evidencia que a nosa Administración está a exercer unha deixadez nas súas funcións de principal promotora do galego”, o que se verifica, segundo a plataforma, non só no reiterado incumprimento da lexislación en materia lingüística se non tamén, e sobre todo, tal e como indica o Consello de Europa, nas trabas e impedimentos que puxo para potenciar a presenza e normalización da nosa lingua no ensino, onde os datos son especialmente alarmantes.

O lema da convocatoria será Emerxencia lingüística. Precisamos do galego, e terá lugar nas 7 cidades galegas simultaneamente. En LUGO será na Praza Maior.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 18, 2019 - 07:38 PM

    O mundo o revés?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com