Quince centros galegos participarán na primeira feira de educación, formación e emprego de lugo

A I Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo, vaise celebrar os días 23 e 24 de maio no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo na que toman parte 15 centros educativos.

O obxectivo deste evento  é proporcionar información, asesoramento e orientación para facilitar unha adecuada elección a todas aquelas persoas que se atopan ante a toma de decisións do seu futuro profesional, así como facilitar as ferramentas
necesarias para que os estudantes poidan decidir eficazmente o seu futuro formativo e profesional. Poderán facelo acompañados das súas familias, que encontrarán nesta feira unha oportunidade para coñecer as diferentes ofertas formativas ao seu dispor.
Dirixida a alumnado, familias, profesionais do ensino, centros educativos, formadores, empresas do sector e público en xeral, a feira ten en conta os intereses tanto dos mozos que comezarán os seus estudo superiores ou profesionais como a daqueles profesionais en situación de desemprego.

Do mesmo xeito, os expositores queren servir de escaparate para que as persoas que se acheguen poidan coñecer unha ampla mostra de centros educativos e formativos, empresas, asociacións e entidades que dean resposta ás necesidades de formación que os estudantes precisan para o seu futuro laboral.

A Xunta de Galicia, a través dos 15 centros participantes, quere amosar o potencial da FP e a ampla variedade de familias profesionais e ofertas dispoñibles que existen no sistema educativo galego, tamén nas ensinanzas de réxime especial.
Deste xeito, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP estará representada polos centros integrados de FP CIFP As Mercedes (Lugo), CIFP Politécnico de Lugo e CIFP Porta da Auga (Ribadeo); polos institutos IES Monte Castelo (Burela), IES da Terra
Chá, José Trapero Pardo (Castro de Rei), IES de Foz (Foz), IES Sanxillao (Lugo), IES Lucus Augusti (Lugo), IES San Rosendo (Mondoñedo), IES A Pinguela (Monforte de Lemos) e IES Río Cabe (Monforte de Lemos); polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, o Conservatorio de Música Xoán Montes (Lugo), a Escola Oficial de Idiomas de Lugo e a Escola de Artes e Superior de Deseño Ramón Falcón.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com