Quiroga presenta a súa XVII Mostra do Aceite que se celebrará o vindeiro domingo

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da XVII edición da Mostra do aceite de Quiroga, que se celebra o vindeiro domingo, 28 de maio, no muíño de Bendilló, unha antiga almazara na que se mostrará o proceso tradicional de elaboración do aceite.

Na presentación participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro, que actuou como anfitrión; o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez; o deputado provincial do Medio Rural e do Mar, Lino Rodríguez; o concelleiro de Cultura de Quiroga, José Luis Rivera, e a xefa da Área Provincial de Turismo de Galicia, Paloma Vázquez.

Turismo de Galicia colabora coa Mostra do aceite de Quiroga, que está declarada de Interese Turístico Galego.

Julio Álvarez explicou que esta mostra pretende “facer unha representación etnográfica e reivindicar á importancia que a produción de aceite ten na comarca”.

Rodríguez Ónega destacou que “dende o Goberno Provincial apostan pola colaboración con este tipo de iniciativas, pois contribúen ao impulso dos produtos autóctonos únicos de cada Concello da provincia, axudando aos profesionais que se dedican a súa produción, dinamizando a económica local e potenciando o turismo gastronómico”.

Baixo esta premisa, o executivo inclue no Plan Único axudas de 400.000 euros para o impulso de citas gastronómicas e turísticas como a Mostra do Aceite de Quiroga, coa que colaboran con 6.000 euros, ademais de a través da TIC.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com